Saltar ao contido principal

Actividade 41: As zonas acuáticas.

  Tanto os biomas como as rexións bioxeográficas son zonas terrestres, pero a maior parte da superficie terrestre esta ocupada por zonas acuáticas. A información que temos delas (especialmente dos océanos e mares) é claramente insuficiente.
Nesta entrada ides a traballar sobre estas grandes rexións pouco coñecidas.
1 - En que se basa a diferenciación de zonas, caracterizadas pola súa fauna e flora, nos ambientes mariños?
    Baséase na salinidade da auga, que determina os seres vivos que habitan nela e por outro lado, tamén pode basearse na profundidade das augas.

2 - Cales son estas zonas?
    Estas zonas son a grandes rasgos dous tipos de ecosistemas acuáticos: os ecosistemas de auga salgada (mariños) e os ecosistemas de auga doce ( tamén chamados dulceacuícolas).
    En canto á profundidade se diferencian a zona eufótica (capa superior, a luz solar chega con relativa abundancia), zona disfótica (a luz solar chega debilmente) e a zona afótica (situada amayor profundad, non recibe luz solar e conta con poucos nutrientes, como as chairas abisais).

3 -  As algas son un claro expoñente destas zonas, por que?
    Debido a que as algas van cambiando no seu aspecto e eficiencia según a luz que reciben, é dicir, canto máis profundidade pigmentos máis oscuros e con diferentes tipos de pigmentos de clorofila.

4 - Que son as zonas abisais e que características teñen?
    A zona abisal, tamén coñecida como abisopelágica, é un dos niveis nos que se dividen os océanos e atópase nunha franxa comprendida entre os 3.000 e os 6.000 metros de profundidade. 
    A zona abisal, debido á súa profundidade, presenta unhas características sumamente exixentes para o desenvolvemento da vida: é unha rexión afótica, é dicir, carente de luz; a temperatura oscila entre os 0 ºC e os 3 ºC; hai escaseza de nutrientes, o que dificulta a alimentación e o desenvolvemento das especies que a habitan; e a presión hidrostática aumenta a medida que se descende, por exemplo, no abismo Challenger, o punto máis profundo do océano con case 11.000 metros, a presión é mil veces maior que ao nivel do mar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Actividade 5: A Terra como sistema.

  Rematamos co uso da aula virtual da materia.  Unha vez que estudamos que é un sistema e cales son as súas características tentaremos de descubrir se o planeta Terra pódese considerar como un sistema. No punto 1.3 dise: - Un sistema es un conjunto de elementos en interacción que guardan estrechas relaciones entre sí.  1. Cales son os grandes elementos, compoñentes , ou mellor subsistemas , que constitúen o planeta Terra?      As esferas da Terra, ás que chamamos “litosfera” (terra), a “hidrosfera” (auga), a “biosfera” (seres vivos) e a “atmosfera” (aire).   - Cuando se habla de sistemas se piensa en una totalidad cuyas propiedades no se pueden atribuir a la simple adición de las propiedades de sus partes o componentes.       2. Pensas que os anteriores compoñentes, no seu conxunto, son suficientes para entender o funcionamento do planeta Terra? Razoa a resposta.     Si, debido a que grazas a comprender como funcionan e as súas...

Actividade 4: Características dos sistemas.

 Na aula virtúal imos a ver cales son as principais características dun sistema. 1. Que características debe de ter todo sistema?   Un sistema ten as seguintes características: -  Os sistemas existen dentro de sistemas:  todo sistema forma parte dun engranaxe maior que opera como un sistema á súa vez. Cando hablamos dun sistema en concreto, obviamos todos os que o rodean. - Os sistemas son abertos:  non están illados dos sistemas no seu exterior, aínda que a menudo o estudemos desa forma. Todo sistema recibe e da información ( enerxía, materia) a otros de los que forma parte. -  As funcións dun sistema obedecen a súa estructura:  o funcionamento e as necesidades dun sistemas dependerán do modo específico en que ese sistema esté construido.  -Están formados por elementos máis pequenos que interactúan entre sí para realizar diferemtes funcións. 2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado...

Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.

 Seguindo co esquema da actividade anterior contesta: 1. Que é a enerxía nuclear?      A enerxía nuclear é a enerxía que se libera como consecuencia da reacción que se produce cando se dividen os núcleos atómicos pesados. Esta é tamén denominada Fisión Nuclear. A calor producida no reactor da central quenta auga até xerar vapor a alta presión e temperatura. Posteriormente, este vapor acciona unha turbina axustada a un xerador eléctrico, que transforma a enerxía mecánica do xiro da turbina en enerxía eléctrica. 2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?     Xera cada ano entre 55.000 e 60.000 GWh -máis do 20% da electricidade consumida no país- converténdose desde fai máis dunha década na primeira fonte de produción no noso sistema eléctrico. As centrais nucleares garanten a subministración eléctrica as 24 horas todos os días do ano. 3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?     A enerxía nuclear é contaminante...