Seguindo co esquema da actividade anterior contesta:
1. Que é a enerxía nuclear?
A enerxía nuclear é a enerxía que se libera como consecuencia da reacción que se produce cando se dividen os núcleos atómicos pesados. Esta é tamén denominada Fisión Nuclear. A calor producida no reactor da central quenta auga até xerar vapor a alta presión e temperatura. Posteriormente, este vapor acciona unha turbina axustada a un xerador eléctrico, que transforma a enerxía mecánica do xiro da turbina en enerxía eléctrica.
2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?
Xera cada ano entre 55.000 e 60.000 GWh -máis do 20% da electricidade consumida no país- converténdose desde fai máis dunha década na primeira fonte de produción no noso sistema eléctrico. As centrais nucleares garanten a subministración eléctrica as 24 horas todos os días do ano.
3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?
A enerxía nuclear é contaminante. Produce residuos radioactivos que se manteñen activos durante centos de miles de anos, sen que haxa actualmente opcións capaces de demostrar que permanecerán illados, e durante os cales hai que almacenalos e xestionalos adecuadamente.
4. Con respecto ao seu uso cal é a diferenza entre os minerais metálicos e non metálicos?
Os minerais metálicos son empregados como material de contrución, como por exemplo nas ventás, e sobre todo o cableado eléctrico e todos os dispositivos electrónicos.
Por outro lado, os minerais non metálicos son empregados para a construción da estrutura dunha vivenda como tal, os cimientos e demais.
Comentarios
Publicar un comentario