Saltar ao contido principal

Actividade 37: Sucesións ecolóxicas.

1. Que é unha sucesión ecolóxica? 
    Substitución natural dos taxones que integran un ecosistema por outros, como produto da súa propia dinámica interna.​ O termo alude á evolución do ecosistema, ao seu aspecto esencial na substitución dunhas especies por outras ao longo do tempo.

2. Como poido ser esa sucesión ata que se declarou o incendio? Era de tipo primario ou secundario?
    Era de tipo primaria, xa que non fóra modificada antes por ningún axente externo.

3. Como varían as especies a medida que avanza a sucesión? que son especies xeneralistas e especies especialistas? cando se acada a comunidade climax?
    A medida que avanza a sucesión, substitúense as especies por outras de maior masa e volume. Aumento da complexidade de ecosistema. Cada vez hai máis especies e maior número de relacións entre os organismos, creando complexas cadeas e redes tróficas e outras relacións interespecíficas.
    Unha especie xeneralista é aquela especie capaz de desenvolverse nunha ampla gama de condicións ambientais e que pode facer uso dunha ampla variedade de recursos. As especies especialistas, doutra banda, son aquelas que só sobreviven nun bioma concreto, polo que a súa capacidade de supervivencia vese moi afectada polos cambios climáticos. Un exemplo é o oso panda, que só se alimenta de follas de bambú.
    As etapas da sucesión ecolóxica para chegar á comunidade climax son: colonización primaria, colonización secundaria, colonización terciaria, vexetación arbustiva e comunidade clímax.

4. Logo do incendio que aparentemente arrasou coa vida do ecosistema plantexaste se deixar que o bosque volva a rexenerarse ou plantar eucaliptos que crecen rápido e dan moitos cartos cando se cortan. A decisión é túa pero a terás que explicar ...
    Eu deixaría que o bosque se recupere de forma natural, xa que se se plantan eucaliptos pérdese a fauna e a flora propia do bioma, xa que é unha especie invasora que non permite a outras formas vexetais sobrevivir e perpetuarse na zona, debido a que é moi alta de modo que non permite o paso da luz, e absorbe moita auga, secando o solo do seu redor. De esta forma, tamén afecta á fauna.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Actividade 5: A Terra como sistema.

  Rematamos co uso da aula virtual da materia.  Unha vez que estudamos que é un sistema e cales son as súas características tentaremos de descubrir se o planeta Terra pódese considerar como un sistema. No punto 1.3 dise: - Un sistema es un conjunto de elementos en interacción que guardan estrechas relaciones entre sí.  1. Cales son os grandes elementos, compoñentes , ou mellor subsistemas , que constitúen o planeta Terra?      As esferas da Terra, ás que chamamos “litosfera” (terra), a “hidrosfera” (auga), a “biosfera” (seres vivos) e a “atmosfera” (aire).   - Cuando se habla de sistemas se piensa en una totalidad cuyas propiedades no se pueden atribuir a la simple adición de las propiedades de sus partes o componentes.       2. Pensas que os anteriores compoñentes, no seu conxunto, son suficientes para entender o funcionamento do planeta Terra? Razoa a resposta.     Si, debido a que grazas a comprender como funcionan e as súas...

Actividade 4: Características dos sistemas.

 Na aula virtúal imos a ver cales son as principais características dun sistema. 1. Que características debe de ter todo sistema?   Un sistema ten as seguintes características: -  Os sistemas existen dentro de sistemas:  todo sistema forma parte dun engranaxe maior que opera como un sistema á súa vez. Cando hablamos dun sistema en concreto, obviamos todos os que o rodean. - Os sistemas son abertos:  non están illados dos sistemas no seu exterior, aínda que a menudo o estudemos desa forma. Todo sistema recibe e da información ( enerxía, materia) a otros de los que forma parte. -  As funcións dun sistema obedecen a súa estructura:  o funcionamento e as necesidades dun sistemas dependerán do modo específico en que ese sistema esté construido.  -Están formados por elementos máis pequenos que interactúan entre sí para realizar diferemtes funcións. 2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado...

Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.

 Seguindo co esquema da actividade anterior contesta: 1. Que é a enerxía nuclear?      A enerxía nuclear é a enerxía que se libera como consecuencia da reacción que se produce cando se dividen os núcleos atómicos pesados. Esta é tamén denominada Fisión Nuclear. A calor producida no reactor da central quenta auga até xerar vapor a alta presión e temperatura. Posteriormente, este vapor acciona unha turbina axustada a un xerador eléctrico, que transforma a enerxía mecánica do xiro da turbina en enerxía eléctrica. 2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?     Xera cada ano entre 55.000 e 60.000 GWh -máis do 20% da electricidade consumida no país- converténdose desde fai máis dunha década na primeira fonte de produción no noso sistema eléctrico. As centrais nucleares garanten a subministración eléctrica as 24 horas todos os días do ano. 3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?     A enerxía nuclear é contaminante...