Continuamos estudando o ecosistema do Bosque caducifolio.
1. Define biomasa e nivel trófico.
- Biomasa: A biomasa é a masa de organismos biolóxicos vivos nunha área ou ecosistema dado nun momento dado. A biomasa pode referirse á biomasa de especies, que é a masa dunha ou máis especies, ou á biomasa comunitaria, que é a masa de todas as especies da comunidade.
-Nivel trófico: Cada un dos conxuntos de especies ou de organismos dun ecosistema que coinciden, pola posición ou quenda que ocupan, no fluxo de enerxía ou nutrientes, é dicir, aos que ocupan un lugar equivalente na cadea alimenticia.
2. Consultando os apuntes define cada un dos tres primeiros niveis tróficos.
-Productores: Aqueles que converten a enerxía do Sol en enlaces de carbono orgánico como son os azucres (moléculas). Os principais produtores son as plantas, as algas e as cianobacterias (algas de cor verde azul), ás que se lles chama tamén autótrofas.
-Consumidores: Organismos que obteñen a súa enerxía doutros organismos son chamados consumidores . Todos os animais son consumidores e comen outros organismos. Os fungos, as bacterias e moitos organismos protistas tamén son consumidores.
-Descompoñedores: Organismos que se alimentan de restos orgánicos transformándoos en inorgánicos. Os descomponedores máis coñecidos e destacados son os fungos e as bacterias pero neste grupo entran as babosas, lombrigas e algúns insectos.
3. Fai unha cadea trófica con catro das especies que escolleches na actividade anterior.
fento; cervo; zorro; corvo.
4. Engade duas especies máis (non teñen porque ser das que elexiches na actividade anterior) e constrúe unha rede trófica dun bosque caducifolio.
fento; cervo; teixon da mel; zorro; oso pardo; fungos.
Comentarios
Publicar un comentario