Para comprender mellor o concepto de ecosistema ides a desenvolver un caso práctico: o ecosistema do bosque caducifolio atlántico. É un ecosistema característico de, entre outras rexións, Galicia.
Para facer a actividade tede en conta o seguinte esquema:
1. Biotopo: Que clima caracteriza a este ecosistema?, cal é a rocha dominante nel? e o relevo?
Son típicos do clima continental húmido, así como do clima marítimo en Europa Occidental. Rexístranse temperaturas medias sempre por encima dos 0 °C, choivas abundantes e ben distribuídas ao longo do ano, sen períodos de aridez que prexudiquen o desenvolvemento das plantas. A roca predominante é o granito, roca cristalina e ríxida, que soporta diversas formas de alteración. O relevo en que adoitan presentarse é diverso, tanto de chaira como montañoso. Áchanse en gran parte de Europa (occidental, central e oriental), de Asia occidental, a costa este de Norteamérica e franxas do sur de Chile e o sueste de Australia.
2. Biocenose: Indica un vexetal arbóreo, dous vexetais non arbóreos, un animal herbivoro, un animal carnivoro, un animal omnivoro e un animal carroñeiro característicos deste ecosistema.
O roble, o fento e o toxo, cervo, zorro, o teixón da mel e o corvo.
3. Indica un exemplo de como un factor abiótico característico do ecosistema inflúe nalgunha das especies que viven nel.
Por exemplo, sen unha cantidade digna de luz solar, algunhas plantas non poden sobrevivir e morren, entón haberá menos alimento para aqueles animais que comen plantas e isto conducirá ao desequilibrio do ecosistema.
4. Indica un exemplo de como unha especie característica do ecosistema pode influir no biotopo.
Os topos poden facer túneles que afectan ao solo de diferentes formas, como tamén poden afectar ás rochar os liques.
5. Pon un exemplo da influenza dun factor abiótico deste ecosistema sobre outro factor.
Por exemplo, nunha zona de chaira é moi complicado que un pequeno roedor fuxa de un zorro ou un lobo, en cambio, se o terreo ten relevos e rochas para poder fuxir, o roedor podería escapar.
Comentarios
Publicar un comentario