Para introducir a unidade ides a buscar as definicións dalgúns conceptos básicos da mesma:
Biosfera, ecosistema, biocenose ou comunidade, biotopo, especie, poboación.
-Biosfera: A biósfera é unha das catro capas que rodean a Terra xunto coa litósfera (rochas), hidrósfera (auga), e atmosfera (aire) e é a suma de todos os ecosistemas. A biósfera é única. Até o momento non se atopou existencia de vida en ningunha outra parte do universo.
-Ecosistema: Un ecosistema é un sistema biolóxico constituído por unha comunidade de organismos vivos e o medio físico onde se relacionan. Trátase dunha unidade composta de organismos interdependentes que comparten o mesmo hábitat.
-Biocenose ou comunidade: Conxunto de poboacións biolóxicas que coexisten en espazo e tempo. Estas especies preséntanse nun espazo definido chamado biotopo, que ofrece as condicións ambientais necesarias para a súa supervivencia. Pode dividirse en fitocenosis, zoocenosis e microbiocenosis.
-Biotopo: Área de condicións ambientais uniformes que prové espazo vital a un conxunto de flora e fauna. O biotopo é case sinónimo do termo hábitat coa diferenza de que hábitat se refire ás especies ou poboacións mentres que biotopo refírese ás comunidades biolóxicas.
-Especie: Unidade básica de clasificación biolóxica. Unha especie é un conxunto de organismos ou poboacións naturais capaces de entrecruzarse e producir descendencia fértil, aínda que —en principio— non con membros de poboacións pertencentes a outras especies.
-Poboación: Conxunto de organismos ou individuos da mesma especie que conviven nun mesmo espazo e tempo, e que comparten certas propiedades biolóxicas, as cales producen unha alta cohesión reprodutiva e ecolóxica do grupo.
Comentarios
Publicar un comentario