O seguinte esquema (tomado da unidade 4, segunda parte dos apuntes) representa unha clasificación sinxela dos recursos da Xeosfera.
Baseándote nel contesta:
1. Que é a enerxía xeotérmica?. Cal é o aproveitamento principal desta enerxía?.
A enerxía xeotérmica é unha enerxía renovable que se obtén mediante o aproveitamento da calor do interior da Terra que se transmite a través dos corpos de roca ou pedras quentes ou condución e convección, onde se suscitan procesos de interacción de auga subterránea e rocas, dando orixe aos sistemas xeotérmicos. Utilizada en alimentar de maneira sostible sistemas de climatización ou tamén para xerar enerxía eléctrica renovable.
2. Cal é a situación da enerxía xeotérmica en España?
España conta cun gran potencial da enerxía xeotérmica, podendo desenvolver enerxías renovables de maneira natural, xa que este recurso natural é inesgotable e respectuoso co medio ambiente, pois o núcleo da terra sempre vai xerar calor e a súa obtención non dana nin medios nin recursos.
3. Que son os combustibles fósiles? cales son? cal é o seu orixe?
Un combustible fósil é aquel que procede da biomasa producida en eras pasadas, que sufriu enterramento e tras el, procesos de transformación, por aumento de presión e temperatura, até a formación de sustancias de gran contido enerxético, como o carbón, o petróleo, ou o gas natural.
4. Que datos (o máis recentes posibles) hai sobre a dependencia enerxética dos combustibles fósiles en España.
España foi alternando ascensos con descensos na dependencia enerxética bruta procedente de combustibles fósiles desde 1990. En 2005 produciuse o máximo histórico (84,82%) e en 2020, o mínimo (70,76%).
Comentarios
Publicar un comentario