O relevo terrestre é o resultado da interación entre os procesos xeolóxicos externos, que teñen a súa orixe na enerxía do sol e os procesos internos relacionados co calor do interior terrestre. Ademáis sempre esta presente a forza da gravidade.
1. Que é a meteorización? Por dous exemplos.
Chámase meteorización ou intemperismo á descomposición de minerais e rocas que ocorre sobre ou preto da superficie terrestre cando estes materiais entran en contacto coa atmosfera, hidrosfera e a biósfera.
Algúns tipos de meteorización química son a oxidación, disolución, carbonatación, hidratación, hidrólisis.
2. É o mesmo meteorización que erosión?. xustifica a resposta.
A meteorización transforma os materiais da terra en pedazos máis pequenos. A erosión transporta eses pedazos a outras localizacións. A meteorización e a erosión modifican as paisaxes da superficie da Terra ao longo do tempo.
3. Que son os procesos gravitacionais? Indica exemplos.
Os procesos gravitacionais son fenómenos naturais que xeran formas de relevo degradativo nas zonas de desprendemento de material (por exemplo, os circos de erosión), algunhas veces acumulativos (como os depósitos de noiro), polo que modifican e modelan a contorna xeográfica.
4. Os movementos gravitacionais (por exemplo en ladeiras) poden deberse a causas naturais ou a propia actividade humana. Indica algúns dos riscos asociados a estes fenómenos que teñan a súa orixe na actividade humana.
Accións humanas como a destrucción do chan, que contribúe como xa vimos en temas anteriores a erosión do terreo son causantes de aumentos na posibilidade de que se produzan desprendementos. Outro exemplo disto pode ser a minaría, que desgasta tamén o terreo.
Os riscos xerados por estas actividades son moi sencillos de deducir, por exemplo a destrución de infraestruturas debido á precipitación destos materirais, así como as mortes ocasionadas pola caída de taluces, desprendementos de rochas...
Comentarios
Publicar un comentario