Nunha entrada anterior vimos as capas que forman a Terra. Na capa chamada Xeosfera diferencianse varias subcapas (codia,manto ...) pero hai unha especialmente importante: a Litosfera. Imos a estudala:
1. Que é a Litosfera?.
A litosfera é a capa superficial sólida da Terra, caracterizada pola súa rixidez. Está formada pola codia e a zona máis externa do manto, e mantén un equilibrio isostático sobre a astenosfera, unha capa «plástica» que forma parte do manto superior.
2. A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura?
A causa é a tectónica de placas, a cal consiste en que as placas litosféricas están en continuo movemento, e debido a isto ao chocar entre si, forman cordilleiras, se fracturan ou suceden distintos tipos de fenómenos xeolóxicos.
3. Que é unha placa litosférica?. Indica o nome das principais placas.
As placas litosféricas son outro nome para as placas tectónicas, que forman parte da capa superior da Terra, a codia. O término se refire as partes nas que se rompe a codia.
As principais son a placa africana, a placa antártica, a placa euroasiática, a placa indoaustraliana, a placa norteamericana, a placa sudamericana y a placa do Pacífico.
4. Nun modelo simplificado da realidade podemos dicir que a relación que hai entre os bordes de dúas placas que se moven pode ser de tres tipos. Como se chaman e cal é o movemento das placas en cada caso?
O límite converxente, que consiste en que as placas se acercan entre si.
O límite diverxente, que consiste en que dúas placas se separan entre si.
O límite transformante, que consiste en que dúas placas se rozan lateralmente.
Comentarios
Publicar un comentario