Como vimos na anterior entrada o método sísmico permite descubrir distintas capas na Xeosfera atendendo ao seu estado (sólido ríxido, sólido plástico, líquido ...). A isto se lle coñece como clasificación dinámica.
Paralelamente outros métodos de estudo dannos información de cal pode ser a composición química das distintas zonas da xeosfera. A isto se lle coñece como clasificación xeoquímica.
Observa a imaxe e contesta:
1. Cal é a composición e o estado do núcleo interno? e do externo?
O núcleo interno está composto por metales. Principalmente estos son ferro e níquel, ainda que hai outros elementos, o seu estado é sólido, sendo unha gran bola metálica.
Por outra parte, o núcleo externo comparte unha composición moi similar ao interno, pero este está en estado líquido.
2. Que relación hai entre a anterior pregunta e o campo magnético do planeta?
Que o movemento dos ions metálicos do núcleo externo, alimentados polo calor do núcleo interno, xera o campo magnético da Terra.
3. Que relación hai entre litosfera e codia?
A litosfera comprende tanto a codia terrestre como o manto superior, polo cal a codia é parte da litosfera.
4. Que diferenzas hai en espesor e composición entre a codia continental e a codia oceánica?
A codia oceánica está composta por basalto, por outra parte, a continentalñ está composta por granito, ou outras rochas, tanto magmáticas e sedimentarias.
En canto á súa densidade, a codia oceánica é máis densa que a continental, por iso nos bordes de converxencia, a placa oceánica sempre subduce ante a continental.
5. Na xeosfera hai correntes convectivas, donde e como son?
Encóntranse no núcleo externo, no manto e na astenosfera. Son movementos cíclicos que fan circular correntes de material incandescente nun sentido, que sempre se comnplementa co sentido das correntes adxacentres, é dicir, se nun lado vai nun sentido, a corrente ao lado, compartirá ese sentido. Gracias a isto, o material magmático ascende e o material litosférico das subducións descende.
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario