Na actividade anterior vimos un dos métodos empregados nas EDAR para medir a calidade da auga. Agora imos a profundizar no seu funcionamento xeral.
1. Que é a criba?
O seu propósito principal é reter o medio filtrante (area, carbón activado, etc) drenar a auga filtrada e asegurar una distribución adecuada de aire e auga durante as fases de retrolavado.
2. Cales son as principais etapas na depuración das augas?

Donde:
1: Pretratamento
2: Tratamento Primario
3: Tratamento Secundario
4: Tratamento Terciario (si existe reutilización da agua)
3. Como se separa a area das graxas que están nela? Unha vez feito como se tratan as areas?
Mediante a decantación, as graxas soben cara a superficie e as areas e lodos caen cara ou fondo do decantador, estas areas e lodos, posteriormente seran tratadas e convertidas en abomo paira a agricultura.
4. Que é a decantación?
A decantación é un proceso paira a separación de mesturas de líquidos inmiscibles ou dun líquido e una mestura sólida como una suspensión.
5. En que consiste o tratamento biolóxico?
O tratamento secundario, tamén coñecido como “tratamento biolóxico”, consiste na estabilización da materia orgánica contaminante, aínda presente na auga residual despois do tratamento primario, mediante a acción dunha biomasa activa, especialmente bacterias.
6. Por que hai que, logo do tratamento biolóxico, volver a decantar?
Una vez finalizada a degradación da materia orgánica, a auga pasa a un decantador onde o lodo biolóxico do proceso anterior sepárase da auga depurada. Neste punto, o lodo pasará á liña correspondente e, así, será tratado da forma adecuada paira poder utilizalo. Finalmente, a auga regresará aos ríos ou mares e chegará o tratamento terciario.
7. Como se obtén e para que serve o biogás?
O biogás obtense mediante a descomposición de materia orgánica nun ambiente sen osíxeno, un proceso que xera a emisión deste gas renovable, composto principalmente por metano e dióxido de carbono.
Este gas pódese utilizar paira producir enerxía électrica mediante turbinas ou plantas xeradoras a gas, ou paira xerar calor en fornos, estufas, secadoras, caldeiras ou outros sistemas de combustión a gas, debidamente adaptadas paira tal efecto.
Comentarios
Publicar un comentario