A Terra é o único lugar do sistema solar onde hai auga en gran cantidade e nos tres estados posibles. Imos a profundizar sobre a, en moitas ocasións, considerada a "base da vida" a auga.
1. Que base científica hai para considerala así? (propiedades e a súa relación ca vida)
A auga é fundamental para o desenvolvemento de procesos orgánicos como a dixestión, así como para a absorción e eliminación de residuos. Ademais, estrutura o sistema circulatorio e distribúe os nutrientes por todo o corpo a través do sangue.
As principais funcións biolóxicas da auga son a súa capacidade para transportar diferentes substancias, disolver outras e mantelas tanto en solución como en suspensión coloidal. Nos alimentos, a auga atópase ata un 96-97%, como é o caso das froitas e verduras.
A súa fórmula química é H₂O: un átomo de osíxeno ligado a dous hidróxeno. A molécula de auga ten unha carga eléctrica positiva por un lado e outra negativa por outro, propiedade que fai que as súas moléculas se peguen entre si. Contén minerais e nutrientes valiosos.
2. Como se formou a hidrosfera?
A hidrosfera formouse pola condensación e solidificación do vapor de auga contido na atmosfera primitiva. A auga cobre case as tres cuartas partes da superficie terrestre.
3. A auga é un recurso vital. Que quere dicir a frase "a auga é un recurso renovable pero limitado".
É certo que a Terra está cuberta polo 70% da auga, non obstante, a auga doce, imprescindible para a nosa supervivencia, só representa o 2,8% da auga do planeta. As reservas de auga doce no planeta son limitadas.
Comentarios
Publicar un comentario