A atmósfera é unha capa fluida en contínuo cambio. A súa dinámica é moi complexa pero, dun xeito simplificado, podemos dicir que hai tres parámetros básicos que controlan o seu comportamento: a presión, a temperatura e a humidade.
1. Que é a presión atmosférica?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?
A presión atmosférica é a forza por unidade de superficie que exerce o aire que forma a atmosfera sobre a superficie terrestre. O valor da presión atmosférica sobre o nivel do mar é de 1013,25 hPa.
Mídese co barómetro e as unidades máis empregadas son os Pascais (pa).
2. Que é a temperatura atmosférica?, como varía ca altitude nas distintas capas da atmosfera?
A temperatura atmosferica é un dos elementos constitutivos do clima que se refire ao grao de calor específica do aire nun lugar e momento determinados así como a evolución temporal e espacial do devandito elemento nas distintas zonas climáticas. Ao aumentar a altitude descende a temperatura.
3. Que é a humidade absoluta? e a relativa?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?
A humanidade absoluta é a cantidade de vapor de auga (xeralmente medida en gramos) por unidade de volume de aire ambiente (medido en metros cúbicos).
É un dos modos de valorar a cantidade de vapor contido no aire, o que serve, co dato da temperatura, para estimar a capacidade do aire para admitir ou non maior cantidade de vapor.
Mídese co Higrómetro e o Psicróme- tro.
Comentarios
Publicar un comentario