1. As augas continentais son doces fronte as augas salgadas das que proceden, como se perdeu a salinidade?
Cando a auga se evapora, o sal permanece onde estaba, porque a calor que recibe non é capaz de converter o sal en vapor e facelo subir á atmosfera.2. Define: condensación, glaciar, río, lago e humedal.
2. Define: condensación, glaciar, río, lago e humedal.
-Condensación: A condensación é o paso de gas a líquido dunha substancia. É un proceso exotérmico que permite entre outras cousas a aparición de nubes na nosa atmosfera.
-Glaciar: Masa de xeo acumulada nas zonas das cordilleiras por encima do límite das neves perpetuas e cuxa parte inferior deslízase moi lentamente , coma se fose un río de xeo.
-Río: Corrente natural de auga que flúe permanentemente e vai desembocar noutra, nun lago ou no mar.
-Lago: É unha masa de auga xeralmente doce, que está separada do mar. O abastecemento de auga a todos os lagos provén dos ríos, regatos, augas subterráneas e precipitacións.
-Humedal:Un humidal é unha superficie de terreo, xeralmente plana, cuxa superficie está inundada de forma permanente ou intermitente. Ao estar cuberto regularmente de auga, o chan satúrase, carece de osíxeno e dá lugar a un ecosistema híbrido entre o puramente acuático e o terrestre.
3. As augas mariñas son salgadas, de onde procede a súa salinidade?
Os océanos existen dende hai moito tempo, polo que algúns dos sales foron engadidos á auga nun momento no que os gases e a lava estaban a ser vomitados polo aumento da actividade volcánica. O dióxido de carbono disolto na auga da atmosfera forma ácido carbónico débil que disolve os minerais. Cando estes minerais se disolven, forman ións que fan que a auga sexa salgada. A medida que a auga se evapora do océano, o sal queda atrás. Ademais, os ríos desembocan nos océanos, traendo ións adicionais da rocha que foi erosionada pola auga da choiva e os regatos.
4. Define: nivel freático, marea, corrente mariña, onda.
-Nivel freático: O nivel freatico corresponde ao nivel superior dunha capa freática ou dun acuífero en xeral.
-Marea: Movemento periódico de ascenso e descenso do nivel do mar, debido ás forzas de atracción gravitatoria que o Sol, e sobre todo a Luna, exercen sobre a Terra.
-Corrente mariña: Unha corrente oceánica ou corrente mariña é un movemento das augas nos océanos e, en menor grao, dos mares máis extensos. Prodúcense debido aos ventos, por iso, podemos decir que no hemisferio norte, este movemento segue o que describen as agullas dun reloxo, pero no hemisferio sur, o movemento é antihorario.
-Onda: As ondas do mar só fórmanse en determinados puntos do noso planeta e desde alí estendense radialmente. Pola súa importancia mencionaremos unha: a zona das illas Azores, situada case fronte ao estreito de Xibraltar e a uns 1800 km ao oeste deste, centro dunha zona ciclónica case permanente.
Comentarios
Publicar un comentario