A actividade consiste en explicalo indicando as causas destas variacións.
O gradente vertical é a diferenza de temperatura entre dous puntos a diferente altura, neste caso concretamente na atmosfera.
Sabendo isto, podemos analizar a imaxe proposta chegando a conclusión de que:
Según ascendemos na troposfera, a temperatura diminue, xa que a luz solar provee de enerxía so aos gases cercanos as superficies sobre as que incide. Chegando á tropopausa, a temperatura e constante xa que a capa é moi fina en comparación co resto. Chegando a estratosfera, observamos a presenza da capa de ozono, que nos protexe dos raios nocivos do Sol, a consecuencia disto, prodúcese unha reacción endotérmica pola cal as partículas de ozono gañan calor, quentando a estratosfera, as altas temperaturas da estratosfera conseguense tamén pola moi pouca humidade da capa. Na mesosfera a densidade da capa é moito menor ca na estratosfera, polo cal non hai suficientes parículas que absorvan a enerxía da radiación solar. Ademáis o CO2 e as pequenas cantidades de ozono manteñen a súa temperatura fría debido a queo dióxido de carbono emite en forma de fotóns mediante o proceso soñecido como emisión radiativa, unha parte da enería térmica producida polo choque entre moléculas. Por último na termosfera, debido a que a súa principal fonte de enerxía é o Sol, a súa temperatura chega e ter diferenzas de 200 grados entre o día e a noite e tamén cambian según o período solar. As temperaturas de hasta 2000ºC débense as ionizacións que se producen en dita capa pola influencia dos raios UV pero en especial por culpa dos raios gamma e X procendentes do Sol. Por iso esta capa é considerada o escudo térmico da Terra, que ademáis según aumenta a actividade solar, aumenta así o espesor de esta capa, favorecendo a protección da Terra.
Comentarios
Publicar un comentario