Hai uns días deixei no blog unha entrada cun exemplo práctico de problemática ambiental. Agora ides a facer un exercicio deste tipo:
Nunha cidade as copas dos árbores de prazas, parques, e avenidas mostran, de súpeto, unha variedade de mosca que se reproduce con gran facilidade e que afecta aos vasos condutores de zume (savia) da maioría das especies de árbores. Os vasos son destruídos, o zume non pode circular e o árbore morre.
1. Como aplicarías o método científico a este problema ambiental. Indica os pasos.
1º: Observamos o problema, é dicir, os árbores morren.
2º: Búsqueda da información, buscamos que pode estar provocando que as árbores morran.
3º: Formulamos una hipótesis, pode ser debido ás moscas que apareceron nas árbores.
4º: Realizamos experimentos, botamos un producto antimoscas e colocamos trampas aromáticas para que caian nelas e morran.
5º: Recopilamos datos e analizamos resultados, comprobamos que as moscas morren e as árbores deixan de verse afectadas e non morren.
6º: Conclusións, as moscas producían un efecto letal hacia ás árbores e deben desaparecer para que as árbores non morran.
2. Enumera posibles soluciones ao problema.
-Botar producto antimoscas
-Por trampas aromáticas para moscas
3. As solucións propostas, poden ter outras consecuencias que agraven ou mesmo inicien outro problema ambiental?
Poden ter o efecto colateral de afectar ós insectos próximos e habituais da zona que non fan ningún dano ás árbores, xa sexa mediante intoxicación polo producto ou porque caen nas trampas aromáticas. Este feito podería afectar ó ecosistema local, xa que a menos insectos menos paxaros e etc.
Comentarios
Publicar un comentario