Saltar ao contido principal

Actividade 3: Teoría xeral de sistemas.

 Continuamos na aula virtúal. Lé atentamente porque é un apartado algo dificil
No punto 1.3 explícase que o medio ambiente (o planeta Terra) débese de estudar mediante un enfoque holístico e, por outra banda, pode considerase como un Sistema, polo que para o seu estudo debemos de aplicar a teoría de sistemas.

1. Na teoría de sistemas, que é un enfoque reducionista e que é un enfoque holístico. 
    O enfoque reduccionista busca estudar un fenómeno complexo, reducíndoo ao estudo das súas unidades constitutivas de modo que podamos explicar o fenómeno complexo a través do estudo individual dun dos seus constituíntes.
    O Holístico postula que o comportamento dun sistema e as súas propiedades deben ser vistos como un todo, non como unha colección de partes. Isto a miúdo implica ver a función dos sistemas como un todo e que o seu funcionamento non pode ser adecuadamente entendido a partir das súas partes constitutivas unicamente.

2. Cando se debe de empregar o enfoque holístico?
    O enfoque holístico debe ser empregado cando queremos estudar un sistema de forma que estudemos o todo, e a relación que teñen os seus constituíntes.

3. Busca información sobre a Teoría de sistemas: quén a propuxo?, en que campos se pode aplicar? ...
    Quen propuxo esta teoría foi Ludwig von Bertalanffy, e se pode aplicar en campos como a bioloxía, a psicoloxía, as matemáticas, as ciencias computacionais, a economía, a socioloxía, a política e a outras ciencias exactas e sociais, especialmente no marco da análise das interaccións.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Actividade 5: A Terra como sistema.

  Rematamos co uso da aula virtual da materia.  Unha vez que estudamos que é un sistema e cales son as súas características tentaremos de descubrir se o planeta Terra pódese considerar como un sistema. No punto 1.3 dise: - Un sistema es un conjunto de elementos en interacción que guardan estrechas relaciones entre sí.  1. Cales son os grandes elementos, compoñentes , ou mellor subsistemas , que constitúen o planeta Terra?      As esferas da Terra, ás que chamamos “litosfera” (terra), a “hidrosfera” (auga), a “biosfera” (seres vivos) e a “atmosfera” (aire).   - Cuando se habla de sistemas se piensa en una totalidad cuyas propiedades no se pueden atribuir a la simple adición de las propiedades de sus partes o componentes.       2. Pensas que os anteriores compoñentes, no seu conxunto, son suficientes para entender o funcionamento do planeta Terra? Razoa a resposta.     Si, debido a que grazas a comprender como funcionan e as súas...

Actividade 4: Características dos sistemas.

 Na aula virtúal imos a ver cales son as principais características dun sistema. 1. Que características debe de ter todo sistema?   Un sistema ten as seguintes características: -  Os sistemas existen dentro de sistemas:  todo sistema forma parte dun engranaxe maior que opera como un sistema á súa vez. Cando hablamos dun sistema en concreto, obviamos todos os que o rodean. - Os sistemas son abertos:  non están illados dos sistemas no seu exterior, aínda que a menudo o estudemos desa forma. Todo sistema recibe e da información ( enerxía, materia) a otros de los que forma parte. -  As funcións dun sistema obedecen a súa estructura:  o funcionamento e as necesidades dun sistemas dependerán do modo específico en que ese sistema esté construido.  -Están formados por elementos máis pequenos que interactúan entre sí para realizar diferemtes funcións. 2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado...

Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.

 Seguindo co esquema da actividade anterior contesta: 1. Que é a enerxía nuclear?      A enerxía nuclear é a enerxía que se libera como consecuencia da reacción que se produce cando se dividen os núcleos atómicos pesados. Esta é tamén denominada Fisión Nuclear. A calor producida no reactor da central quenta auga até xerar vapor a alta presión e temperatura. Posteriormente, este vapor acciona unha turbina axustada a un xerador eléctrico, que transforma a enerxía mecánica do xiro da turbina en enerxía eléctrica. 2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?     Xera cada ano entre 55.000 e 60.000 GWh -máis do 20% da electricidade consumida no país- converténdose desde fai máis dunha década na primeira fonte de produción no noso sistema eléctrico. As centrais nucleares garanten a subministración eléctrica as 24 horas todos os días do ano. 3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?     A enerxía nuclear é contaminante...