Saltar ao contido principal

Actividade 2: As ciencias da Terra e o método científico.

 Agora accede ao documento en formato .pdf e contesta as preguntas de abaixo relacionadas cos apartados:

1.1 LAS CIENCIAS DE LA TIERRA

1.2 APROXIMACIÓN AL TRABAJO CIENTÍFICO

Contesta:

1. Que quere dicir ca materia ten un enfoque multidisciplinar.
    Quere dicir que emprega conceptos e coñecementos doutras disciplinas, tanto naturais como sociais e de humanidades, como poden ser bioloxía, xeoloxía, química, política economía... 

2. Cales son os compoñentes do que chamamos medio ambiente.
    Os compoñentes do medio ambiente son físico-químicos, biológicos e sociais.

3. Neste curso terás que facer e interpretar mapas de conceptos o mentais. Como introdución converte o mapa de conceptos nun texto.
    O medio ambiente está formado polos seres vivos e os factores do medio que afectan a estes. Os seres vivos constitúen a biosfera e o humano forma parte desta. Os factores do medio poden ser climáticos, orixinados na atmosfera, físico químicos, que inclúen a atmosfera, xeosfera e hidrosfera, bióticos, producidos polos seres vivos e sociais, producidos polo home. A xeosfera, atmosfera, hidrosfera e biosfera son subsistemas da Terra.

4. Imos a aplicar o método científico a un exemplo moi sinxelo e concreto: Supoñamos que teño unha horta ben coidada, sempre teño de todo pero este ano as tomateiras medran máis débiles e acaban morrendo. Que lles está pasando?
  - Tes que indicar todos os pasos do método aplicados ao exemplo empezando pola identificación do problema.
Identificación do problema: as tomateiras medran débiles e morren. ¿Por qué pasa isto?
Busqueda de información: buscas se pode ser un problema de falta de auga, insectos, falta de nutrientes do solo....
Formula unha hipótese: eu penso que é debido á falta de nutrientes do solo.
Experimentación: deixamos a terra en barbeito e volvemos a plantar as tomateiras.
Análise de datos: as tomateiras volven medrar sanas e con normalidade.
Conclusións: é moi recomendable e incluso necesario deixar o solo en barbeito.


5. Cal é a diferencia entre hipótese e teoría. Busca na rede un exemplo de cada unha indicando por que se lle considera así.
A hipótese e unha suposición feita a partir duns datos que sirven de base para iniciar unha investigación ou unha argumentación, mentres que unha teoría e un Conxunto organizado de ideas que explican un fenómeno, deducidas a partir da observación, a experiencia ou o razoamento lóxico.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Actividade 5: A Terra como sistema.

  Rematamos co uso da aula virtual da materia.  Unha vez que estudamos que é un sistema e cales son as súas características tentaremos de descubrir se o planeta Terra pódese considerar como un sistema. No punto 1.3 dise: - Un sistema es un conjunto de elementos en interacción que guardan estrechas relaciones entre sí.  1. Cales son os grandes elementos, compoñentes , ou mellor subsistemas , que constitúen o planeta Terra?      As esferas da Terra, ás que chamamos “litosfera” (terra), a “hidrosfera” (auga), a “biosfera” (seres vivos) e a “atmosfera” (aire).   - Cuando se habla de sistemas se piensa en una totalidad cuyas propiedades no se pueden atribuir a la simple adición de las propiedades de sus partes o componentes.       2. Pensas que os anteriores compoñentes, no seu conxunto, son suficientes para entender o funcionamento do planeta Terra? Razoa a resposta.     Si, debido a que grazas a comprender como funcionan e as súas...

Actividade 4: Características dos sistemas.

 Na aula virtúal imos a ver cales son as principais características dun sistema. 1. Que características debe de ter todo sistema?   Un sistema ten as seguintes características: -  Os sistemas existen dentro de sistemas:  todo sistema forma parte dun engranaxe maior que opera como un sistema á súa vez. Cando hablamos dun sistema en concreto, obviamos todos os que o rodean. - Os sistemas son abertos:  non están illados dos sistemas no seu exterior, aínda que a menudo o estudemos desa forma. Todo sistema recibe e da información ( enerxía, materia) a otros de los que forma parte. -  As funcións dun sistema obedecen a súa estructura:  o funcionamento e as necesidades dun sistemas dependerán do modo específico en que ese sistema esté construido.  -Están formados por elementos máis pequenos que interactúan entre sí para realizar diferemtes funcións. 2. Pon sendos exemplos de: un sistema estático; un sistema dinámico; un sistema aberto; un sistema pechado...

Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.

 Seguindo co esquema da actividade anterior contesta: 1. Que é a enerxía nuclear?      A enerxía nuclear é a enerxía que se libera como consecuencia da reacción que se produce cando se dividen os núcleos atómicos pesados. Esta é tamén denominada Fisión Nuclear. A calor producida no reactor da central quenta auga até xerar vapor a alta presión e temperatura. Posteriormente, este vapor acciona unha turbina axustada a un xerador eléctrico, que transforma a enerxía mecánica do xiro da turbina en enerxía eléctrica. 2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?     Xera cada ano entre 55.000 e 60.000 GWh -máis do 20% da electricidade consumida no país- converténdose desde fai máis dunha década na primeira fonte de produción no noso sistema eléctrico. As centrais nucleares garanten a subministración eléctrica as 24 horas todos os días do ano. 3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?     A enerxía nuclear é contaminante...