A Terra é o único lugar do sistema solar onde hai auga en gran cantidade e nos tres estados posibles. Imos a profundizar sobre a, en moitas ocasións, considerada a "base da vida" a auga. 1. Que base científica hai para considerala así? (propiedades e a súa relación ca vida) A auga é fundamental para o desenvolvemento de procesos orgánicos como a dixestión, así como para a absorción e eliminación de residuos. Ademais, estrutura o sistema circulatorio e distribúe os nutrientes por todo o corpo a través do sangue. As principais funcións biolóxicas da auga son a súa capacidade para transportar diferentes substancias, disolver outras e mantelas tanto en solución como en suspensión coloidal. Nos alimentos, a auga atópase ata un 96-97%, como é o caso das froitas e verduras. A súa fórmula química é H₂O: un átomo de osíxeno ligado a dous hidróxeno. A molécula de auga ten unha carga eléctrica positiva por un lado e outra negativa ...